activo

Presentación

Na Baixa Limia, no sur da provincia de Ourense, o Rio Limia, o mitico “Lethes“ da antiguedade,atravesa terras que foron fogar dos primeiros poboadores de Galicia. Un deses primeiros pobos celtas foron os Querquerni ós que os invasores romanos puxeron nome ao viviren rodeados de carballos (Quercus).

Foi nese entorno natural onde en 1999 se formou o grupo KÉRKENNAI

Nas Beiras de Lethes

Dende entón ate hoxe, diferentes compoñentes teñen aportado o seu xeito de entender a música e deixáron a sua particular pegada na esencia e son do grupo.

Un son que sen afastarse dos propios da tradición galega, tenta nas suas composicións propias, mesturar ese legado e influencias para ter unha visión cosmopolita e achegarse a chamada “World Music”.

Nas beiras de Lethes

Coa edición dos discos “VIA NOVA” (2003) e “NAS BEIRAS DE LETHES” (2007) e a paticipación nas bandas sonoras das curtametraxes “ESQUECIDAS” (2007) [ Vídeo ] e “O LIMIA, EL RIO DEL OLVIDO” (2008) [ Vídeo ], KÉRKENNAI ten levado a sua proposta músical por diferentes festivais i escenarios; Dende os comenzos coa participación en espazos coma os do “Claustro Barroco” na vila de Celanova, ate o “Castelo de Cadiz” ou o auditorio de Sanlucar de Barrameda. Dende a “Fiesta Goyesca” de Piedrahita ( Avila), pasando por vilas portuguesas como Ponte da Barca, Montalegre ate Lisboa. Por festivais e programacións culturais nas vilas galegas, e tamén participando en programas como “Artistas en Ruta” da “Sociedad de Artistas Intérpretes y Ejecutantes” (AIE) dentro do apartado: Folk/novas músicas, por todo o Estado.

Quintana 2012

Mais recentemente,a inesquencible actuación nas “Festas do Apóstolo en Compostela” (2009),na “Feira do Marisco en Alcobendas” –Madrid (2011) a participación na Exposición “Na Frente Unha Estrela” na “Casa de Curros ” en Celanova (2011) asi como na inauguración do Auditorio AMIC na vila Celanovesa (2011). En Outubro de 2011 emitese un concerto en directo grabado para a Radio Galega.

Lorient 2012

En 2012 a colaboración co “Instituto Cervantes”, representando a música de Galicia,con concertos nas cidades de Tanger,Tetuán e Rabat en Marrocos, asi como seren invitados a participar no “Festival Interceltico de LORIENT” na Bretaña. Para finalizar voltando a Praza da Quintana no “Festival Folk do xornal La Voz de Galicia”.

A finais dese mesmo ano 2012, editase pola compañia "KELTIA MUSIQUE" un CD recopilatorio do FIL (Lorient) no que participan xunto con outros artistas da cultura celta.

Na primavera de 2013 sae o seu 3º disco "UN SOÑO COTIÁN DE BOLBORETAS". Nel colaboran grandes artistas da música galega, como: Uxía, Pablo Díaz, Pedro Pascual, Pablo Condo, Ariel Ninas, María Moruja, e inclue un texto do escritor Delfín Caseiro.

Foi presentado en lugares tan dispares como o “Museo da Limia” ou o “Festival Intercéltico de Occidente (FIDO) Asturias.

Un Soño Cotián de Bolboretas” foi nominado no apartado de “mellor disco folk”, nos XIII Premios Opinión. (2014)

No Outono de 2014 , presentan o proxecto audiovisual (curta-clip) “XAN DAS CONGOSTRAS”, baseado nun mítico personaxe “arraiano” do seculo XIX.

Xan das Congostras

Todos estes lugares e outros non menos importantes, deixaron moito en nos e xa son parte integrante da nosa “equipaxe sonora”

En directo

Galería multimedia

  • Festival FIDO 2013
  • Festival FIDO 2013
  • Festival FIDO 2013
  • Festival FIDO 2013
  • Festival FIDO 2013
  • Museo da Limia 2013
  • Museo da Limia 2013
  • Lorient 2012
  • Lorient 2012
  • Lorient 2012
  • Lorient 2012
  • Lorient 2012
  • Marruecos 2012
  • Marruecos 2012
  • Quintana 2012
  • Quintana 2012
  • Quintana 2012
  • Apóstolo 2009
  • Apóstolo 2009
  • Apóstolo 2009
  • Inauguración Auditorio Celanova

Discografía

Un soño cotián de bolboretas [2013]

Un soño cotián de bolboretas [2013]
  1. Fiestra
  2. Bande (con Uxía)
  3. Antípodas
  4. 11 Pasos
  5. Valse da Roseira (con Pablo Díaz)
  6. Iermes
  7. Camiño de Calvos de Randín
  8. Xan das Congostras - O Xan de Anamán
  9. Fiestra sobre a cidade

Din que se unha bolboreta bate as ás nun recuncho de Galicia,prodúcese unha tempestade nas antípodas!!...
é o "Efecto Bolboreta"!!... será verdade, ou será a efusividade dos soños a que fai xirar o mundo?
É o segredo dos tempos.
O certo é, que como crisálidas metamorfoseadas, movémonos a cotío polos sendeiros oníricos da imaxinación...
É como... "Un Soño Cotián de Bolboretas".

Temas

1.- Fiestra (Juan Seara)
Unha fiestra que se abre á imaxinación...
Despois da metamorfose...
Como un novo ser... estendense as ás...
e soñamos mañas de bolboretas con sons de fantasía...

2.- Bande (Letra e Música: Sindo Otero)
Cantaba Faustino Santalices... Vexo Bande, vexo Bande...
e di a cantiga popular... Viva Bande, viva Bande
viva Bande e alrededores
terra de moitas castañas,
vivan os apañadores.
Bande na Memoria...

3.- Antípodas (Juan Seara)
...estarán a pensar como son as suas antípodas...
nas nosas antípodas?...
plenos de aloumiños de chorumas...
que millor que adicarlle esta muiñeira

4.- 11 Pasos (Pablo Camarero)
etapa tras etapa nun pasar continuo... esmagando
esquecementos e desencontros... e tras pasar
venturosas pontes... escribir en lenzos inmaculados
...partituras de melodías endexamais pensadas...

5.- Valse da Roseira (Letra: Tradicional – Música : Juan Seara)
Nunha soa rosa está toda a poesia...
Encanadas de rosas,
para infatigábeis bolboretas soñadoras...
camiño de Celanova ou onde o vento nos leve.
...e por suposto... a ritmo de valse...

6.- Iermes (Sindo Otero)
...malia estar nun cumio do interior, se pechamos
os ollos, dende Iermes... podemos ver o mar
inmenso!... infinitas cidades de luz...
e a chaira silandeira!...
mesmo vemos o mundo enteiro!... se sabemos ollar!

7.- Camiño de Calvos de Randín (Tradicional-arranxos: Pablo Camarero)
...terras da "raia"... fronteira, ir e vir, contrabando,
trafego de xente, ilusións, vida...
proxecto dun mundo diferente no “Couto Mixto”...
Desas terras arraianas é esta muiñeira.

8.- Xan das Congostras – O Xan de Anamán (Letra e Música : Sindo Otero)
Lendas antigas de bandoleiros...
Un dos mais afamados da Baixa Limia
foi o Xan de Anamán ou Xan das congostras.
Coma un “Robin Hood” á galega, entre as suas "aficcións"
estaba a de roubarlle "a curas e ricos",
ao contrario destes novos tempos de bandoleiros de "traxe e garabata",
Nos reivindicamos... os bandoleiros... románticos...

9.- Fiestra Sobre a Cidade (Juan Seara)
As luces da cidade atraen as avelaiñas extraviadas
na noite... voltan entre melodías máxicas e
harmonías de lendas... resoar de campás
altivas entre espazos de cristal...
entran pola fiestra e quedan para sempre con nós.

42ème Festival Interceltique de Lorient - Varios artistas (2012)

(Année de L'Acadie -Celtic Music - Keltia Musique)

Nas Beiras de Lethes [2007]










Nas Beiras de Lethes [2007]

Nas Beiras de Lethes [2007]
  1. No Río do Esquecemento
  2. Unha d´Herbas
  3. Vía Nova
  4. Deiquí a Alá
  5. A Través do Tempo
  6. Soños en Quercus
  7. Na Telleira
  8. Giga-lo
  9. Rock & Folk
  10. Volta da Feira

Mirar ó pasado é enteder o presente. O pasado márcanos irremediablemente. Todo ten un sígnificado, de onde partimos para saber onde queremos chegar. É un Deiquí Alá paseniño, A Traves do Tempo.

Moitas Lúas xa pasaron dende que outros abriron a Vía Nova, pois é o anceio de novos soños e as utopías o que leva ó ser human a descubrir novos vieiros. Os daqueles e mai-los nosos flotan No Río do Esquecemento, e coma se de un Giga-lo se tratara, ofrecemos o mellor de nós mesmos, coa ledicia do que Volta da Feira, brindando con Unha d’ Herbas, coa ilusión da xavia nova, movéndonos a ritmo de Rock & Folk, ate acougar Na Telleira. Este traballo é un anaco de nós, representa un puñado de ilusións. Non son máis que uns Soños en Quercus …soñados e vividos... Nas Beiras de Lethes.

Vía Nova [2003]

Vía Nova [2003]
  1. No Ar
  2. Andaina
  3. Alalá de Lobeira
  4. Titiritaina
  5. Xabadella
  6. A Carreira do Avelino
  7. Nas Sendas da Lúa
  8. Xativaite
  9. Marcha Fugaz
  10. Repicón
  11. Limialba

No Val do Limia, o 'Lethes' da antiguedade ou Rio do Esquencemento, abriuse camiño entre os cumios que intentaban impedirlle o paso. É a caron das suas fértiles terras, onde se erixiu o asentamento Aquis Querquennis (Aquae Querquennae) e aínda hoxe os Quercus (Carballos) estan presentes ó seu redor.

De certo que a beleza, xunto coa situación de privilexio, cautivou a aqueles que tiveron que abrir a Via XVIII ou Vía Nova, unha nova vía que serviu para xunguir ós limiaos entre si e co resto do mundo.

Letras

Bande

Letra e música: Sindo Otero

Ando en busca dunha estrela
que seguin ata o Vieiro
ha me de levar a Bande
vai guiada polo vento

Ailalelo ailalelo ailalelo ailalelo
ailalelo ailalelo ailalelo ailalala

Vexo Bande, vexo Bande
pendurada nun outeiro
tamén vexo o val do Limia
co seu pranto de silencio

Ailalelo ailalelo . . .

Valse da Roseira

Música: JuanSeara - Letra: Tradicional

Unha rosa non a queiras
unha rosa non é nada,
unha rosa non a queiras
unha rosa non é nada.
Iremos polas roseiras
colleras unha incanada,
iremos polas roseiras
colleras unha incanada.

Vente comigo meniña
camiño de Celanova,
i eu che direi queridiña
que o teu aire me namora.
O río das augas claras
que vas correndo pro mar,
non contes as miñas penas
ten pena do meu penar.

Inda agora eiquí cheguei
e non puiden vir mais cedo,
inda agora eiquí cheguei
e non puiden vir mais cedo.
Cada un ven cando pode
soio eu veño cando chego,
cada un ven cando pode
soio eu veño cando chego.

Eu quixera non sentir
fuxir lonxe dos temores,
quixera ser como a xente
que nada sabe de amores.
Non quero querer ninguén
nin ninguén me queira a min,
quero vivir nos camiños
hoxe eiquí, mañán alí.

Xan das Congostras - (O Xan de Anamán )

Letra e música: Sindo Otero

Esta é a historia
de alguén singular
O Xan lle chamaban
e deu que falar.
Foi un "bandoleiro"
non houbo outro igual
roubáballe ós "curas"
para ós pobres (lles) dar.

En toda a Baixa Limia
refuxio atopou
fuxia pra o monte
pero a sorte cambiou.
Nunha noite triste
"Na Picada" e a traizón
ó de "Anamán" colleron
a historia rematou.

Os pobres non teñen
Os ricos non dan
Quen queira ter praza
Que vaia a Anaman
Que vaia a Anaman, que vaia a Anaman
con dous pesos diarios
e un trabuco na man.

Alalá de Lobeira
(Tradicional)
Letra : Tradicional / Pepe Quintas / Sindo Otero

Quen me dera en Lobeira ,
Quen en Lobeira me dera ,
Quen me dera en Lobeira ,
Lobeiriña miña terra
Ai lalalelo, ai lalala

Tra-los camiños do Viso,
Fermosura de Lobeira,
Eu non podo deixar,
De sentirme parte dela.

Ai lalalelo, ai lalala

A Traves do Tempo
(Letra e Música: Sindo Otero)

Hai unha senda,
mirando para o Norte
Hai unha senda,
vieiro sen fin,
que nos guia
A traves do Tempo,
e danos azos
para poder seguir.
Dende o pasado,
ós nosos días
Dende outro tempo
ate eiqui
Maxico sempre,
Sempre presente
dende un,
ate outro confin.

É un camiño,
inzado de estrelas,
o que nunca
se esquecera
cheo de mitos,
contos e lendas
e que pola Limia
te levara

Sendeiro Nobre
danos a forza
o teu facho alumee
o noso porvir
que teñamos sempre
presente,
de onde vimos,
e onde queremos ir.

Hai unha senda
mirando para o Norte
Hai unha senda
vieiro sen fin
que nos guia
A traves do Tempo
e danos azos
para poder seguir.

Audiovisuais

Xan das Congostas

Xan das Congostas

Unha Noite na Eira do Trigo (en Celanova)

Unha Noite na Eira do Trigo

Iermes - Un soño cotián de bolboretas

Iermes

Colaboración en "O Limia. El Rio del Olvido (2008)"

O Limia. El Rio del Olvido.

[ Ver online ]

Colaboración en "Esquecidas (2007)"

Esquecidas

[ Ver online ]

Contacto

Poden porse en contacto connosco, dalgunha das seguintes formas:

Por teléfono: Sindo - +34 654 877 003
Por email: sindootero@hotmail.com

facebook


QR Code
¿Qué é isto?